dimarts, 8 d’abril del 2008

EN REDE... 07 de Abril

De isto falamos no EN REDE de onte, 7 de Abril.

http://revistaretranca.blogspot.com/ Blog da revista Retranca de sátira política, dirixida por Kiko da Silva e con ilustres colaboradores gráficos do mundo do humor e da banda deseñada galega.

http://mpdc.blogspot.com/ Movemento Polos Dereitos Civís. Páxina web desta asociación que saiu á palestra da actualidade para criticar fortamente o control da Garda Civil dos coches que levaran o autocolante de GZ, xa que foi un dos colectivos definidos dentro do “Movemento de Liberación Nacional Galego”.

http://atlanticoazul.blogspot.com/ Blog máis importante en galego segundo a clasificacion de Blogaliza. Establece vinculos entre Galiza e Portugal e fala do éxito de dita amizade relacionándoo co éxito do seu blog. Ten un estilo literario peculiar, e usa a normativa AGAL do galego, o chamado galego reintegrado.

http://celticidade.blogaliza.org/ Ensaio sobre a “Celticidade” de Galiza. “Por qué os galegos somos un país celta?” é o título, tendo como subtítulo “Un ensaio sobre a celticidade do século XXI”. Ofrece miradas moi curiosas sobre este tema, moi confuso a nivel social. O blog ten forma de “libro”, por capítulos.

http://chuza.org/ Chuza.org é o “xornal dixital comunitario” do blogomillo. Alí envias as tusa novas e os propios usuarios deciden cales san (e en qué orde) na portada. A encarnación propia do “Juan Palomo”. En castelán o equivalente é meneame.net.

Esperámosvos en próximas edicións de EN REDE!

1 comentari:

Raquel Sabino Pereira ha dit...

Noraboa por esta bela bitácora e obrigada pelo link!!!
Apertas Atlánticas!!!!